PONTEVEDRA. O alumnado do campus de Pontevedra lanza unha campaña para o 8 de marzo co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia do papel da muller no deporte.
Dende a Asociación Nacional de Estudantes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, poñen en marcha a campaña #SoyMujerSoyDeporte co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres do territorio nacional no ámbito deportivo.
Este é o segundo ano consecutivo que o campus da cidade colabora coa campaña e están levando a cabo diversas actividades para dar visibilidade e buscar repercusión nas redes.
Este ano, á iniciativa anterior sumóuselle a venta de pulseiras co mesmo lema reivindicativo.
Ata o de agora levan vendidas arredor de 3.000 pulseiras por toda España e prevén vender outras 2.000 máis.
A Anecafyde desenvolverá do 27 ao 31 de marzo na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a súa décimo oitava asamblea con talleres e mesas de debate que xirarán en torno a temas relacionados coa titulación de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Pola igualdade no deporte canales | |
| Likes | Dislikes |
| 123 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 12 Feb 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét