PONTEVEDRA. O polígono comercial de O Vao podería comezar a construírse antes de que remate o ano. Así o anunciou esta mañá a concelleira de urbanismo, Anabel Gulías. O proxecto xa ten autorización comercial, polo que unha vez que remate a exposición pública e dispoña dos informes pertinentes, o goberno local podería outorgar xa a licenza.
A Comisión de Urbanismo aprobou esta mañá o proxecto de urbanización do polígono comercial de O Vao. Neste plan distínguense tres partes: unha interior, coa distribución das zonas verdes e das prazas de aparcamento; unha relacionada coa conexión coa rede eléctrica e unha exterior coa construción dunha nova rotonda no extremo norte do polígono.
Aínda que Concello ten agora que someter o proxecto de urbanización a exposición pública por un prazo dun mes e solicitar os informes pertinentes, a concelleira de urbanismo anunciou que o polígono comercial de O Vao podería comezar a construírse antes de que remate este ano.
O novo polígono de O Vao estará dividido en dúas partes e contará cun terreo de case 30.000 metros cadrados e con 462 prazas de aparcamento.
Xa está case todo listo para comezar a construción do polígono comercial de O Vao canalith repositioning | |
| Likes | Dislikes |
| 35 views views | 1.39K followers |
| Entertainment | Upload TimePublished on 26 Mar 2019 |
Không có nhận xét nào:
Đăng nhận xét